Plan traballo

1. Busca e selección na web de posibles construcións navais alcanzables técnica e economicamente, esta fase xa foi realizada e o resultado obtido foi o Optimaster 310, dentro do blog xa mencionado.

2. Selección dos materiais, aplicando coñecementos dos módulos teóricos e co asesoramento das empresas colaboradoras, escolleranse os materiais necesarios para a construción do veleiro.

3. Interpretación da documentación técnica, realizarase unha análise da documentación de partida obtida do blog, preparando a documentación de taller para executar os traballos.

4. Programación CNC e execución das pezas principais en taller, co pantógrafo do IES de Ortigueira recortaremos as pezas do barco, realizando previamente unha maqueta a escala reducida, tamén cortada no CNC que permita determinar os puntos conflitivos do proxecto.

5. Ensamblaxe e encolado. Tras construír a maqueta realizarase o encolado do casco, previa realización dos moldes e elementos de aprete necesarios.

6. Preparación da documentación técnica final necesaria para a construción do segundo casco no CIFP Ferrolterra. Prepararase o proxecto completo así coma os programas de CNC, para ser enviados ó centro formativo colaborador (CIFP Ferrolterra) para que repita os pasos de corte, ensamblaxe e encolado e realice o segundo casco.

7. Acabamentos, aplicaranse os acabamentos necesarios para illar o barco e darlle un aspecto final, tendo en conta o asesoramento da empresa colaboradora especialista nese eido (executarase simultaneamente no IES de Ortigueira e no CIFP Ferrolterra).

8. Deseño e execución do prototipo da vela, no taller de tapizaría do IES de Ortigueira construirase un prototipo de vela, asesorándonos coa empresa de subministros navais que forma parte do proxecto.

9. Deseño e execución dos accesorios metálicos do barco. O departamento de metal executará as cornamusas, temón, e ancoraxe da vela, necesarios para completar a construción.

10. Instalación dos elementos accesorios nos dous ORTImaster, realizado de xeito paralelo en ambos centros de ensino.

11. Realización e homologación dun remolque para poder trasladar os dous ORTImaster dun lado a outro.

12. Botadura e proba de navegación, que permita a alumnos e profesores gozar do traballo realizado.

13. Realización do proxecto final. Fase consistente en engadir á documentación técnica que se enviou ó Ferrolterra unha memoria descritiva e un orzamento real contrastado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.