Convocatoria e resolución

Madurada a documentación de partida, decidimos presentar a nosa idea ós premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación educativa ou científica e proxectos de innovación didáctica, nesta segunda modalidade (innovación educativa), convocados pola Resolución do 22 de decembro de 2016 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convocan premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Como requisito para poder acceder a estes premio redactamos unha memoria e elaboramos un orzamento completo, recollendo todo canto necesitábamos para poder levar a cabo o proxecto, presentando dita documentación en xaneiro do 2016.

Finalmente, na Resolución do 9 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se resolven os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, onde se impartan ensinanzas de Formación Profesional, convocados na resolución 22 de decembro de 2016, o proxecto resulta premiado coa cantidade de 20.468,83€, cifra inferior ó orzamento presentado inicialmente de 32.184,05€.

Convocatoria


Resolución






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.