Evolución traballos

DESEÑO:

Para efectuar os deseño do barco e as pezas que o compoñen auxiliámonos de dous programas principais:

  • Programa de deseño asistido por ordenador (CAD), no noso caso empregamos a versión educativa de AutoCAD, de Autodesk ™ que pode ser descargada dende a súa páxina web. Con el realizamos o debuxo das diferentes pezas que compoñen o barco.



  • Programa de CNC, empregouse o software específico do equipo de control numérico que dispoñemos nos centros educativos VCarvePro, da marca comercial Vectric. Con este software realizamos a programación dos mecanizados.



MAQUETA:


Unha das actividades realizadas no IES de Ortigueira foi a realización dunha maqueta a escala 1:3 do casco final do barco, esta maqueta será unha versión preliminar, un primeiro modelo que serve coma representación ou simulación do produto final e que nos permitiu verificar o deseño e confirmar que conta coas características especificadas. 

Maqueta do proxecto

ELABORACIÓN DO CASCO DE MADEIRA:

Tanto no IES de Ortigueira, coma no CIFP Ferrolterra, elaboráronse dous cascos do ORTImaster, ambos feitos con taboleiro contrachapado de bidueiro. Este traballo dividiuse en varias fases:
  • Corte con máquina de control numérico.
  • Montaxe.
  • Fibrado.
  • Acabamento.
  • Colocación de accesorios.




ELABORACIÓN DO REMOLQUE:

Os profesores e alumnos do departamento de Fabricación Mecánica do CIFP Ferrolterra, elaboraron un remolque para poder transportar os dous ORTImaster:





PROBA DE MAR:

Cando a climatoloxía o permita, contra o final do curso, realizaremos a botadura oficial na Ría de Ortigueira, á que asistirán os compoñentes deste proxecto ademais das autoridades locais e todo aquel que se queira unir a nós.
Publicaremos neste mesmo blog a data do "acto oficial".






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.